Tuesday 07 de May de 2024

O Concello creará pictogramas persoalizados para o sector comercial da cidade


O Concello editará unha serie de pictogramas persoalizados destinados ao comercio local. Así o anunciou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, que indicou que a iniciativa se impulsa co fin de “facilitar a interpretación e autonomía das persoas con autismo e outras diversidades que afecten á linguaxe”. O edil naronés indicou que a iniciativa está aberta a todo o sector e que dende a Asociación de Comerciantes Narón anotarán aos establecementos asociados que se queiran adherir. O resto de comercios locais poderán anotarse enviando un correo electrónico á dirección: me.mendez@naron.es indicando o nome do establecemento, nome e apelidos do propietario e un teléfono de contacto e indicando o seu interese en colocar un dos pictogramas.

O edil naronés recalcou que “continuamos avanzando dende o goberno local na mellora da accesibilidade e inclusión das persoas e colectivos na nosa sociedade e con ese fin apostamos por este iniciativa, que en breve estará en marcha”.

Pita animou aos propietarios dos establecementos comerciais da cidade a sumarse a esta proposta “sin custe algún e que representa un avance moi importante e necesario na nosa sociedade”.